
Grandes edificios vÃctimas do boom inmobiliario que acabaron en desuso logo de investir nelas moreas de cartos. Elefante blanco é o concepto acuñado para este tipo de construccións que se suceden en numerosas partes do mundo. E esa mesma casuÃstica dáse no caso de Elefante 330, unha propiedade inmobiliaria de 330 metros cadrados sita no centro urbano da cidade da Coruña que tras décadas de actividade está paralizado. Sobre el se asenta un proxecto de xestión cultural baseado “nun modelo de traballo interdisciplinar que apunta a produción cultural de eventos de forma integarda coa contorna, ademais de traballar desde a máxima profesionalización”, segundo figura no sitio web da proposta.