Nace unha plataforma Cidadá para apoiar ao MARCO de Vigo

Arrinca nas redes sociais e promoverá entrevistas cos dirixentes políticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os problemas económicos do MARCO son ben coñcidos por todos. En 2011 a Deputación de Pontevedra anunciou a súa saída, deixando ao concello como máximo valedor. E este avanzou os seus orzamentos a semana pasada, no que evidenciaba un recorte de 200.000 euros sobre a cifra que destinou ao proxecto o ano pasado. Malia que no será ata o vindeiro día 20 cando se reúna o padroado da institución e se saiba exactamente de que orzamento se dispón, un grupo de artistas, creadores e afeccionados á arte xa moveu ficha para defender a pervivencia deste centro cultural.

“Somos conscientes de que a situación económica é a que é, pero nos recursos públicos hai que establecer prioridades” asegura Ángel cerviño, artista e un dos promotores da plataforma cidadá. A proposta conta cun perfil nas redes sociais e en menos de 24 horas xa conta con catrocentas adhsesións. Será mañá martes cando se formalice a entidade que, segundo Cerviño, “iniciará un proceso de xuntanzas cos políticos municipais e os responsables“. A súa intención é conseguir unha implicación orzamentaria para un centro que comezou a súa andaina no 2003 con 2 millóns de euros e, segundo as estimacións da plataforma, para o 2013 conte só con 700.000 euros.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)