Os da ría presentan o Disco díscolo

O apoio acadado mediante crowdfunding permitiulle ao dúo abordar o seu debut discográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do Disco díscolo

Capa do Disco díscolo

Arturito e Fabián, alter egos musicais de Carlos Meixide e Tomás Lijó, teñen xa disco como Os da ría. O apoio acadado na plataforma Verkami permitiulles autoeditar o Disco díscolo, un volume que recolle os temas que levan xa máis de dez anos a interpretar por escenarios de todo o país, como Chinchín polo borrachín do pueblo, Infanta Elena, Alberte Núñez Feixóo, Sin duda leo a Neruda, Miguel Delibes, A Conga de Uxío Novoneyra ou Caramba que guapa estás, Galicia, entre outras. Para a gravación, o dúo contou co apoio de Eneko Toba (Xabier Olite) á guitarra, Roque Permuy (Roi Fernández) ao baixo, Ramón Reynolds (Ramón Rúa) á batería e mais Suso Pián (Suso Alonso), aos teclados.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Meixide, Uxío Novoneyra

Claves