Nace Ith, a plataforma galega para o crowdfunding literario

O proxecto xorde da Fundación Uxío Novoneyra e pretende crear unha comunidade arredor da lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Ith, a plataforma galega para o crowdfunding literario

"Unha plataforma literaria baseada no financiamento colectivo que busca crear unha comunidade de lectores arredor de proxectos literarios moi especiais". Este é o xeito no que se presenta Ith Crowdfunding, unha plataforma galega que xorde da Fundación Uxío Novoneyra co apoio do Ministerio de Cultura. Para alén de conseguir financiamento para novas propostas de escrita, o web pretende servir para pór en contacto persoas afeccionadas á lectura mediante a sección A Caixa de Ith. Polo momento, están xa abertos dous proxectos: Primeiros auxilios, iniciativa poético-musical do dúo Cintaadhesiva e mais a edición do caderno de escena en formato e-audiolibro de PULP, espectáculo de Fantoches Baj a partir de poemas de Lois Pereiro.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Todo é poesía

Todo é poesía

Branca Novoneyra, Fantoches Baj e DandyLady aúnan na Zona C os seus proxectos poéticos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, Fundación Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Espectáculo...