Os da Ría voltan co seu Disco Póstumo

O dúo presenta sete novos temas no seu segundo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os da Ría voltan co seu Disco Póstumo

Da man do crowdfunding e baixo o selo Pistacatro producións, o dúo músico-humorístico Os da Ría acaban de dar á luz o seu Disco Póstumo. Carlos Meixide e Tomás Lijó, tamén coñecidos como Arturito e Fabián presentan no seu segundo álbum sete nove temas nos que reinterpretan a música popular, do rock ás rancheiras, con títulos como Parrillada de amor, Unha nova Galicia ou Toma Cachondexo nos que a ironía é omnipresente. O álbum presentouse ao vivo no último Culturgal, e o dúo non aclarou se se trata realmente o seu traballo de despedida.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Meixide, Rock, Culturgal, Pistacatro

Claves

Protagonistas
Conceptos