P-STAGE quere dicir, Portuguese Speaking Theather Gather Energies, o que se traduce nunha iniciativa para pór en común a dramaturxia dos países da lusofonía. Esta proposta conta, desde esta fin de semana, coa participación do Centro Dramático Galego que se insire a un proxecto promovido e liderado pola asociación portuguesa Cena Lusófona e financiado a través do programa ACP-UE da Comisión Europea. O programa ten dúas facetas: unha formativa (pola que se realizarán obradoiros de interpretación en Angola, Guinea Bissau e San Tomé e Príncipe) e outra de carácter produtivo (que consiste na estrea dunha coprodución con actores e actrices de Angola, Guinea Bissau, San Tomé, Príncipe, Portugal e Brasil. O texto escollido para o espectáculo é As Oraçoes de Mansata, orixinal do dramaturgo guineano Abulai Sila que logo xirará por todos os países participantes no proxecto.
A presentación tivo lugar no marco do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que se desenvolveu en Santiago coa asistencia de máis dun centenar de profesionais galegos e procedentes de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste.