O último venres de novembro é o Día das Librarías. Celebración que este colectivo festexa con descontos e un horario ampliado. Ademais, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase á celebración, coa distirbución dunha lámina que inclúe datadas conmemorativas arredor do libro que se celebran en 2013. As 230 librerías galegas federadas e Bilbiotecas recibirán este caendario que, segundo unha nota de prensa da consellaría, “quere contribuír á difusión das principais efemérides relacionadas coa lectura e animar, ao mesmo tempo, á planificación de actuacións que promovan o interese polos libros e as nosas letras”.
.jpg)

