As librarías celebran mañá o seu primeiro día

Reivindican con descontos e horarios especiais o papel destes establecementos na difusión da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Federación de Libreiros de Galicia organiza, en colaboración coa Xunta, e ao mesmo tempo que en todo o Estado o primeiro Día das Librarías. Esta xornada, que se celebrará mañá venres 25 e que pretende consolidarse cada último venres do mes de novembro, nace coa intención de reivindicar a importancia destes establecementos na difusión da cultura e do coñecemento. Os establecementos que participan no evento estarán abertos ata as 22 horas e ofertarán descontos de ata un 5%.

Ademais, desenvolverase unha actividade común que consistirá na lectura dun texto elixido polos libreiros, para alén das actividades que desenvolva cada un dos diferentes establecementos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Federación de Libreiros de Galicia