A TVG apoia financeiramente 16 proxectos audiovisuais neste 2012

A metade dos proxectos son longametraxes cinematográficas

27/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

En 2011 a CRTVG regulou unha nova forma de presentar as solicitudes de proxectos audiovisuais de interese para a cadea, ao abrir un rexistro sen límites temporais aos as empresas podían presentar as solicitudes. Seguindo este procedemento a entidade acaba de facer pública a relación de 16 proxectos audiovisuais nos que participará neste ano. Son 8 longametraxes cinematográficas (El Niño, Os Fenómenos, A praia dos afogados, O ouro do tempo, A actriz Margarita Xirgu, Soños arraianos, As altas presións e Lobos sucio) unha película para televisión(La Rueda), tres series de animación (Cocorico, Tutú e Escravos da terra) e catro documentais (Escravos da terra, Metílico, 1980 e O feitizo xenético dos Austrias).

Non é unha listaxe pechada, xa que mentres que nos vindeiros meses negociarase a participación noutras longametraxes, como son A Esmorga, Schimbade e a miniserie Hotel Almirante.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Documentais, Ouro, Animación...