Un móbil, ou no seu defecto un computador ou unha tableta con conexión a Internet. Estas son as ferramentas que se precisan para poder acceder a unha parte da cultura galega. Revisamos esas propostas de base tecnolóxica que se presentarán no Culturagal e que nos permitirán, desde interactuar con contos tradicionais (Galaxia Tales), ler a banda deseñada de Xosé Tomas (Galaxia Comics), localizar furancos ou restaurantes desde o móbil (Imos?) ou que os nenos do rural estradense lle ensinen aos seus paÃs o que fan no cole (Escolas na nube).
Non son máis que proxectos de investigación, prototipos, propostas que a dÃa de hoxe supoñen máis gastos que ingresos, pero todos saben que é unha aposta de futuro. Por iso, todas as empresas e entidades, algunhas mesmos poñen os seus produtos de balde na rede confÃan que se vaia abrindo mercado pouco a pouco.
Da lingua aos bares
Sabela Barreiro, membro do grupo de desenvolvemento que fai posible que a lingua galega estea nos dispositivos móbiles de Android e iOs a través de varias aplicacións ten claro que é “un reto de futuro, seguir facendo aplicacións que sigan sendo interesantes e se pouco a pouco poder empezar a vivir disto”. No seu camiño inicial presentaron GalApps, que son unha suite de aplicación para a lingua galega que se pode empregar en Android e iOs de xeito de balde. Son o Conxugalego, o DiccionarioGalicia e o TradutorGalego. Non só iso, nese camiño por profesionalizar este traballo foron un pouco máis alá e presentaron Imos?, unha guÃa social móbil que acaba de estrear hai uns dÃas a versión para dispositivos co sistema operativo Android. Unha aplicación que se vende a 0.89 céntimos (eles só quedan co 50%, porque a outra metade é para o operador). De momento, mal non lles vai xa que segundo publica hoxe Código Cero “está a destacar na categorÃa de Viajes y guÃas de Google Play, onde figura no 10º posto de vendas (que serÃa o primeiro posto se atendemos á listaxe de aplicacións novas)”. Esta aplicación permite localizar uns 700 bares, tabernas, furanchos e outros negocios de hostalerÃa, que está en continua actualización. “Primeiramente empezamos cos sitios que coñeciamos nós e fomos ampliando coa nosa familia,os nosos coñecidos e asà ata que os usuarios desta aplicación poida ir incorporando novos sitios” explica Sabela ao tempo que deixa claro que a súa expectativa pasa por “dar a coñecer moito máis Imos e as aplicación das lingua galega, que parezan interesantes e que de aà poidamos dar o salto a outras ideas”.
A escola busca o seu sitio
No marco das presentacións e relatorios se hai un sector no que o desenvolvemento tecnolóxico estea a xerar numerosos proxectos (algúns de estudo e outros xa máis prácticos) é o eido educativo. Alén de experiencias como o de Educabarrié ou de carácter audiovisual que Manuel González explicará polo miudo, destaca o proxecto de investigación “Escolas á Nube”. Trátase dunha proposta que desenvolven o Cesga e a empresa Balideas co apoio da ConsellarÃa de Educación que permite, entre moitas outras utilidades, que os pais poidan ver desde a súa casa, os traballos que os nenos fixeron na aula a través de Internet.
Durante dous anos desenvolverán unha ferramenta que lle permita a paÃs, alumnos e docentes compartir o seu traballo e converter o proceso educativo nunha experiencia moito máis rica e colaborativa. Mari Carmen López, responsable de I+D de Balidea, explica que “estamos na fase de facer una ferramenta o máis flexible posible que empregue a tecnoloxÃa que xa exista nos centros e, polo tanto, sexa sustentable”. Co apoio da ConsellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o persoal do Cesga e de Balidea teñen acceso a catro centro rurais onde están a desenvolver a experiencia dunha forma piloto. “Nós como empresa queremos vender esta aplicación, pero precisamos de todo este traballo previo para poder poñelo en marcha” explica Mari Carmen. De momento, esta ferramenta vaise presentar, ademais do Culturgal, nas xornadas técnicas da rede Irs en Bilbao e no congreso online Educaberlin, un congreso de e-learning de referencia a nivel mundial.
Liña nova, pero non a primeira
Se hai unha editora que ten moi claro que a implicación das novas tecnoloxÃas co seu traballo tradicional é unha liña a seguir esa é Galaxia. Non é a primeira vez que inician proxectos nesta liña e agora mesmos están con varias propostas en paralelo. Entre as sús primeiras experiencias destaca a proposta que xuntou esta editora coa produtora audiovisual Perro Verde Films en Contoplanet que tivo moi boa acollida. “Moi boa acollida pero que, de momento non é unha vÃa de negocio” explica Anxela Chillón, responsable de I+D en Galaxia. Alén de diferenzas experiencias no mundo dos libros electrónicos (epub), a editora continúa a desenvolver proxectos especÃficos.
Nesta ocasión presentan no Culturgal dúas propostas. Dunha banda Galaxia Comic arrinca coa versión dixital de Nómades de Xosé Tomás dispoñible só para iOs e que é posible grazas a colaboración doutra empresa galega, Enxeño. “En principio é para testar como funciona a aplicación (a aplicación é de balde e a banda deseñada ten un custe de 2.69€), pero nós temos claro que pretendemos incluÃr aquà traballos con temática social, cómics que teñan un certo valor engadido alén da calidade literaria e da ilustración, que teñan un segundo obxectivo de aprendizaxe” explica Anxela Chillón. Xosé Tomás conta nesta ocasión, unha historia que reflexiona sobre o tema da emigración, coas dificultades dunha persoa emigrante. A aplicación estará dispoñible e catro idiomas: galego, castelán, inglés e coreano . Da outra banda está Galaxia tales, pensada para aqueles usuarios que non teñen nin smartphone nin tabletas pero si ordenadores. “Recorremos ao formato máis clásico que é o da web e dar acollida a contos que xa teñen un certo valor educativo” explica Anxela. Unha sorpresa para Goruk de Daniel Landesa con ilustración de MarÃa Longa e Asà comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán de Joel Franz Rosell con ilustración de Luis Castro Enjamio. “Son contos animados que se activan cos usuarios, están narrados en inglés, castelán e galego, seleccionados especificamente para a web e que non se descarta que saian tamén en papel” completa Anxela sobre a plataforma web que estará dispoñible en breve (cada conto terá un prezo de 2.42€). Nesta ocasión, Galaxia conta con outra empresa galega, Imaxin, para o desenvolvemento tecnolóxico.
“Sabemos que non son unha fonte de ingresos reais” explica Anxela Chillón, “pero é unha aposta de futuro e confiamos en que se irá abrindo mercado pouco a pouco”.
Todas estas aplicación e as súas fucionalidades pódense coñecer no Garaxe, a zona da feira das industrias culturais habilitada ao efecto, asà como nos diferentes relatorios e conferencias nos que diferentes profesionais exporán (cun custe de 30 euros).