O Convenio de Protección Minorías Nacionais afectarálle ao galego

O acordo recoñece por vez primeira a nosa lingua entre as súas competencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Convenio Marco para a Protección das Minorías Nacionais en España recolle por vez primeira as linguas minorizadas do Estado como parte do seu ámbito de aplicación. O relatorio deste ano no que o Consello de Europa verifica o cumprimento deste acordo salienta que, malia a existir normas estatais e autonómicas para a protección e promoción destas linguas, as mesmas fan parte das cuestións que trata o texto, que reclama novas medidas de protección para as mesmas.

O documento, que a Mesa pola Normalización difundía hoxe, salienta as dificultades que atopan galego, catalán ou vasco nos campos do ensino e da presenza nos medios de comunicación. Entre outras cuestións, o comité salienta a desprotección dos falantes de linguas minorizadas fóra dos territorios que as teñen recoñecidas e lexisladas, e reclama a aplicación das medidas de protección contempladas neste acordo marco para estas comunidades.

Este convenio súmase así á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias que, tamén desde o Consello de Europa, vixía a protección da nosa lingua.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello de Europa, Medios de comunicación, Ensino, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)