A Asociación de Deseñadores promove un proxecto para dotar de contidos o IGI

Unha xuntanza esta tarde para informar dos pormenores da proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Crear un espazo polivalente no que haxa actividade continuada, como obradoiros e outras propostas que tamén poidan xerar economía, pero tamén un proxecto de coworking de grupos de traballo”. Estas son, en palabras da creadora Uqui Permui as liñas xerais dun proxecto que pretende ocupar as instalación dos Instituto Galego de Información (IGI). Uqui pertence á Asociación Galega de Deseñadores, entidade que promove esta actividade pero que busca sumar o apoio de colectivos xa existentes. Esta tarde desenvolven nas propias instalacións do IGI a primeira xuntanza que permitirá informar dos promenores do proxecto para sumar apoios.

Desde A Asociación Galega de Deseñadores están en negociacións con Sargadelos para fixar as condicións e características do alugueiro desa instalación, lugar que consideran “óptimo” para o desenvolvemento da proposta. Con todo Uqui Permui, asegura que “o proxecto non está vencellado a un espazo de tal xeito que se as negociacións con Sargadelos non prosperan buscarnos outro espazo”.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Creadoras: Interferencias

Creadoras: Interferencias

Comeza en Ferrol un ciclo para visibilizar as Producións audiovisuais feitas por mulleres

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Deseñadores, Economía, Sargadelos