A Asociación de Deseñadores prepara unha exposición no CGAC

Arredor de Baskerville aposta pola creación a partir dun obxecto industrial

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Transformar un catálogo sobre a imprenta en Galicia nun obxecto de creación. Esta é a proposta que vai achegar a Asociación Galega de Deseñadores, DAG, ao Centro Galego de Arte Contemporánea a partir do vindeiro oito de xaneiro. A exposición Arredor de Barskerville amosará os diferentes xeitos en que os membros deste colectivo transforman un obxecto industrial nunha mostra de creatividade. A exposición iniciará, logo da súa estancia en Compostela, unha xira por todo o país. Con esta proposta a DAG inicia a súa actividade logo da refundación á que se estivo a someter nos ultimos anos. Uqui Permui, presidenta do colectivo que agrupa deseñadores gráficos e industriais, adianta que teñen a intención de desenvolver un plan de formación no que se inclúe o primeiro Workshop de Deseño Industrial en Ferrol para o vindeiro mes maio. Ademais, a asociación tamén lanzará unha publicación en liña.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Baskerville no CGAC

Baskerville no CGAC

A mostra En torno da Baskerville achega ao museo o traballo dos deseñadores galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Deseñadores, Ferrol, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela