Un curso analiza as vivencias como fonte de inspiración literaria

Tucho Calvo dirixe esta proposta que se desenvolve ata marzo na Fundación Seoane

15/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Escribindo arredor de si é o título do curso co que a Fundación Seoane pretende centrarse na creación literaria desde o punto de vista das experiencias e circunstancias dos seus creadores. Con ese enfoque analizará obras de escritores como Castelao, Otero Pedrayo, Carvalho Calero ou Carlos Casares. Ademais, contará coa presenza de poetas (Marica Campo, cesárea Sánchez), narradores (Xabier P Docampo, Anxos Sumai e Iolanda Zúñiga) e dramaturgos (Manuel Lourenzo) co obxectivo de coñecer outras formas de experiencia (a memoria, a influencia da contorna ou o uso das redes sociais). ). Este club de literatura está dirixido polo xornalista e escritor Tucho Calvo e desenvolverase todos os venres ata o mes de marzo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tucho Calvo, Fundación Seoane, Marica Campo, Iolanda Zúñiga...