Un ciclo de cine afonda nas diferentes representacións da emigración

O Consello da Cultura Galega colabora neste proxecto que se emitirá no CGAI

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A visión da emigración que Sergio Leone presenta en Once upon a time (Érase unha vez en América) é ben diferente da documentación dos fluxos migratorios galegos na Arxentina de Margarita Ledo en A cicatriz branca pero contribúen a dar unha visión poliédrica da mesma realidade. Por iso, estes títulos xunto con escolmas do NODO ou filmes como Tierra de nuestros mayores de Manuel Eirís ou La puerta del cielo de Michael Cimino conforman o ciclo “Cine e Emigración” que o Consello da Cultura Galega e o CGAI programan desde hoxe. O desprazamento físico, antropolóxico e vivencial tanto a latinoamérica como aos Estados Unidos vistos tanto dun xeito autóctono como desde o de grandes superproducions americanas son os eixes que xustifican a escolla dos títulos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Consello da Cultura Galega, Manuel Eirís...