O Museo da Inmigración de Bos Aires abrirá en 2010

O Consello da Cultura colabora con esta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A capital arxentina contará para o vindeiro ano cun Museo da Inmigración Nacional. Os pasados días 2 e 3 de marzo celebrouse na cidade un debate para definir os contidos deste proxecto. No mesmo participou Xosé Manuel Núñez Seixas como representante do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega e membro do consello asesor internacional do futuro centro. O Museo contará entre os seus contidos cunha importante presenza da emigración galega a Arxentina.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arxentina, Bos Aires, Consello da Cultura Galega