A restauración que técnicos do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) fixeron da imaxe experimental de Eugenio Granell que se pode ver estes dÃas no CGAC é un dos exemplos que a Xunta quixo destacar do seu labor co gallo do DÃa Mundial do Patrimonio Audiovisual(27 de novembro). A cita, declarada pola UNESCO para destacar a importancia da preservación, conservación e difusión dos fondos audiovisuais, serviu para por en valor os diferentes organismos que teñen relación nesta materia: o CGAI, a CRTVG e a Bibioteca de Galicia.
A Xunta (a través da ConsellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da SecretarÃa Xeral de Medios) enviou unha nota de prensa co obxectivo de dar a coñecer o seu labor en materia de conservación do patrimonio audioviusal. No marco dese comunicado destacou o labor de “catalogación, conservación e de restauración de materiais históricos cinematográficos e fotográficos” do CGAI e da rede de museos dependente da SecretarÃa Xeral de Cultura que “contan nos seus fondos con materiais gráficos considerados documentos de valor patrimonial”. Sobre o CGAI destacou que “a procedencia deses fondos nútrese tanto da filmografÃa subvencionada pola Xunta de Galicia como de depósitos ou doazóns efectuados por asociacións, empresas ou particulares, intercambios con outros arquivos, tiraxes ou compra de copias ou os plans de recuperación establecidos desde o propio centro”.
Ademais, destacou que a posta en marcha da Biblioteca de Galicia e a reformulación en 2011 do marco legal estatal de depósito legal (Lei 23/2011, do 29 de xullo, de depósito legal), “estableceu como obriga o depósito de exemplares da totalidade de materiais que sexan editados en Galicia, entre os que se inclúen os audiovisuais e multimedia”. Un marco legal que se ve reforzado pola lei de publicacións da Xunta de Galicia (modificada en 2011) que fixa a “obrigatoriedade de depositar neste centro bibliográfico dous exemplares de calquera material videográfico que sexa editado pola Xunta de Galicia”. A mesma nota destaca tamén o labor de conservación e difusión coa videoteca e o traballo da compañÃa pública de Televisión de Galicia, a CRTVG.