A fórmula música e curtametraxes son os ingredientes da segunda edición de CurtopÃa, o certame de curtas vigués que volve ao circuÃto de festivais. Abre a cita o ciclo Raias Traveseiras, adicado as migracións modernas, e con Kaloack, unha curta documental feita polas viguesas Area Erina e Miriam do Roxo sobre a vila máis contaminada do Senegal. Forte presenza do audiovisual galego neste encontro no que hai estreas (Manuela, curtametraxe do vigués Julian Maguna sobre a relación dunha nai e a sua filla), avances (o documental biográfico de Celso Emilio Ferreiro feito por 100% CEF e protagonziado por Luis Tosar e Dos soños antes do cinematógrafo, documental que percorre a vida do Xosé Freixeira) e homenaxes (a Enrique RodrÃguez Baixeiras, coa proxección de traballos e a rodaxe dun documental sobre a súa figura). Ke Percusión, 23RedAnts e Dreams of Dolly Sheep serán as formacións musicais encargada de porlle música a todo este fenómeno. A cita terá lugar no alga lab de Valadares os dÃas 27 e 28 de outubro.