Linguas de batalla

Teatro do Adro pecha con catro funcións a súa adaptación de Ai Carmela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Linguas de batalla

A historia é ben coñecida, Carmela e Paulino son dous actores que cruzan por erro as liñas franquistas. Detidos polos franquistas, vense na obriga de representar un espectáculo para as súas tropas. Carmela invirte a parodia na representación os cómicos da legua acaban fusiliados. O diálogo dos seus espíritos constrúe esta obra que Tetro do Adro adapta en clave galega. Tito Asorey dirixe esta montaxe que conclúe a súa traxectoria con funcións Viveiro, Arteixo, Ourense e o Barco.

Imaxe 1
1/4
Imaxe 2
2/4
Imaxe 3
3/4
Ai, ai, ai
4/4

“É unha peza moi tenra e moi adecuada para rescatar a memoria histórica” explica Tito Asorey director dunha montaxe que comezou en 2010 e que chega agora ao fin do seu percorrido escénico. “Pretende ser unha reflexión sobre os diferentes xeitos de afrontar unha situación de crise que nós adaptamos e ambientamos en Galicia e que no que o asunto idiomático goza de gran protagonismo” alude. Josito Porto, coñecido actor de series de televisión, e Melania Cruz, actriz que pertence ás primeiras xeracións formadas na ESAD, protagonizan esta obra moi popular da escena estatal desde que o dramaturgo Sanchís Sinisterra creou en 1987.

A posta en escena de Teatro do Adro nútrese das tradicións galegas que teñen que ver co alén, coas aparición de defuntos onde tanto a interpretación escénica como a música priman sobre o resto de disciplinas escénicas. O espectáculo foi tamén a primeira montaxe profesional dirixida por Tito Asorey.

Ficha artística
Paulino: Josito Porto
Carmela: Melania Cruz

Ficha técnica
Música en directo: Sabela Dacal
Escenografia e iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Yaiza Pinillos
Maquillaxe: Teatro de Adro
Atrezza: Sabela Dacal e Yaiza Pinillos
Deseño gráfico: José Lameiras
Fotografía: Alfonso Blanco
Tradución: Nate Borrajo
Auxiliar de dirección: Nate Borrajo
Dirección: Tito Asorey

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Un pénsil moi florido

Un pénsil moi florido

Eme2 estrea a adaptación ao galego da exitosa obra sobre as escolas franquistas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Asorey, Tito Asorey, Teatro do Adro...