Un estante de andeis baleiros e lascas de cortiza polo chan conforman a escenografÃa de O profesional, a montaxe coa que o Centro Dramático Galego (CDG) abre este venres a temporada 2012-2013 (Salón Teatro, 21:00 horas). Un espazo escénico cheo de simbolismo sobre o que se representará un drama polÃtico e social ambientado en plena desaparición da antiga Iugoslavia unha década despois da morte de Tito. Manuel Guede, director do CDG, recupera esta montaxe cinco anos despois de dirixila coa Companhia de Teatro de Braga, que se implica na coprodución actual.
Hai en O profesional que o Centro Dramático Galego estrea no Salón Teatro esta semana un xogo continuado de metáforas, que o seu equipo técnico e artÃstico foi esmiuzando na rolda de prensa de presentación. “As areas movedizas (do escenario) son o espazo que as personaxes habitan nese final de paÃs que se esfarela” aseguraba o director Manuel Guede. Outro dos actores da montaxe, Miguel Pernas continuou o sÃmil para falar do esfarelamento pero do teatro profesional que “debe seguir pedindo e esixindo” malia as continuas retalladas. De recortes tamén falou a actriz, Rebeca Montero que reivindicou a importancia da cultura nestes momentos ao tempo que consideraba que “o público decidirá se esta é a fórmula, pero non podemos permitir que se pechen máis portas e o Centro Dramático Galego é unha porta moi grande”.
A proposta
Catro actores (Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel) representan nun só acto, as breves horas nas que Teodoro Teja Kral, un escritor e antigo disidente polÃtico convertido agora en director dunha editorial en bancarrota, recibe a visita de Luka Laban, “O profesional”, expolicÃa de seguridade nacional que lle seguiu os pasos durante vinte décadas e rexistrou a transformación das súas ideas polÃticas por unha vida acomodada. Unha conversa que indaga na fraxilidade dos ideais e nas consecuencias dos totalitarismos.
Un mes de ensaios, a metade do que é habitual neste tipo de producións permitiron sacar adiante este proxecto que abre unha nova etapa no CDG, xa que supón a primeira montaxe dirixida por Manuel Guede tralo seu nomeamento a principios deste ano 2012 e a súa volta á institución. Guede volve tamén sobre este texto que dirixiu en 2007 coa Companhia de Teatro de Braga nun exercicio de optimización de recursos. Rui Madeira, director da compañÃa portuguesa tamén presente na rolda, falou da importancia deste tipo de colaboracións ao tempo que advertiu que o lÃmite dos cartos tamén limita as producións. Non é a primeira vez que o CDG recorre a unha fórmula destas caracterÃsticas, xa que Guede lembrou que con esta xa van tres as veces que o CDG asume a revisión e coprodución doutras montaxes (Yerma en 1990, dirixida por Xosé Manuel Blanco Gil e o Colaborador en 2002, dirixido polo propio Guede).
A obra estará en cartel en Santiago ata o dÃa 21, desde onde comezará a xira por nove localidades galegas cunha incursión de catro funcións en Portugal (Coimbra e Braga). Ademais, tamén abre a votación do público do premio Roberto Vidal Bolaño co obxectivo de incorporar a voz dos espectadores no traballo escénico. O premiado, que deberá preencher un formulario con valoracións e suxestións, recibirá un lote de obras completas de Roberto Vidal BOlaño e un abono para a seguinte temporada.

O profesional
Detalle da montaxe. ©Miguel Fernández