Animacam contará con sede física na súa quinta edición

O festival de animación en liña abriu o prazo de presentación de recepción

A quinta edición do festival de animación, Animacam chega repleto de novidades. A máis destacada é que por primeira vez terán sede física para proxectar os seus traballos finalistas. Será na sede do Macuf onde se poderán ver entre os días 8 e 9 de febreiro e tanto os asistentes como as votacións na rede elexirán aos gañadores desta edición (que se dividirán no concurso off line e on line e se saberán o 12 de febreiro). Ademais, os meses de marzo e abril, o Macuf tamén programará ciclos de animación temáticos de Animacam por idades. Polo demais, a programación deste ano tamén contempla un maratón internacional con películas procedentes de los cinco continented, logo dun ciclo de proxeccións itinerantes que conformarán o que denominan “Premios solsticio de verán”. Co anuncio desas novidades abriuse tamén o prazo de recepción de traballos.