Todo comezou no 2005 cando Xosé Luis Carneiro decidiu buscar unha ferramenta que permitira xuntar todos os creadores, realizadores... en resumidas contas, profesionais do sector da animación. Os primeiros signos de todo este traballo plásmase en Animacam, o primeiro Festival de Animación en Liña que acaba de pechar o perÃodo de recepción de proxectos. Seis categorÃas (e, polo tanto, seis premios) máis cinco premios especiais que escolleran os mellores traballos de animación dos 160 que hai a competición. Uns galardóns que se entregarán o vindeiro 21 de decembro. Este festival fai parte dun proxecto máis ambicioso polo que os seus organizadores pretenden crear unha comunidade, un lugar de encontro para os profesionais de animación do mundo que, a dÃa de hoxe, xa ten rexistrados os datos de contacto de 50.000 persoas do sector.