É a primeira edición do primeiro festival de animación en liña que hai no país. Chámanse Animacam e concedeu esta semana os seus premios valorados en 22.000 euros. O certame organizado por Limaía Producións galardoou 11 traballos noutras tantas categorías, coa particularidade que a metade deses premios foron concedidos polo público e outros tantos polo xurado. Non hai creadores galegos entre os premiados que son maioritariamente masculinos. Só a ucraína Maryna Shchipad, cun traballo sobre os contos populares do leste de Europa, se fixo cun premio, o que recoñecía a mellor película de animación realizada sobre unha adaptación literaria infantil ou xuvenil.
O palmarés desta edición é:
Premios do Público:
Spot publicitario: Vida Nocturna
Curtametraxe: Le Chène do francés Pierre Paris.
Piloto para serie de TV: Diario Misterio
Animación para móbiles: Snot News
Piloto para videoxogo: Piopá, unha aventura diferente de Francisco Blázquez
Animación retrospectiva: Unha histoieta de ciencia fixión de Pablo Alibaud e Valpo Animación.
Premios Especiais:
"CAMPUS STELLAE" (Temática relacionada co Camiño de Santiago):
"CAMPUS TERRAE" (Temática medioambiental): Celesc dos brasileiros Rodrigoe Isarael Guimaraes e Doutorr Smith Imaxe e Movimento
"CAMPUS AQUAE " (Temática referida á importancia da auga para a humanidade): Rain Down From Above do ruso Ivan Maksimov e Master-filme.
"GALICIA NATURAL" (Temática tocante á alimentación e/ou a saúde): FAO, giornata mondiale alimentazione
"ANÍMATE A LER" (Premio concedido á mellor película de animación realizada sobre unha adaptación literaria infantil ou xuvenil): Baba Yaga da ucraína Maryna Shchipad.