Tarsy Carballas recibirá o premio Wonenburger

O CGAC acollerá o vindeiro 4 de outubro a entrega do premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Tarsy Carballas, á dereita, nun acto de homenaxe a María Wonenburger

Tarsy Carballas, á dereita, nun acto de homenaxe a María Wonenburger

É unha pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos chans do noroeste peninsular. Alén diso, son moi relevantes as súas investigacións na recuperación de terreos en zonas afectadas por incendios . Esta dilatada traxectoria acaba de valerlle a Tarsy Carballas (Lugo, 1934) o premio María Josefa Wonenburger 2012 que concede a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia.

Carballas, que está vencellada ao CSIC desde 1965, desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e conta con máis de 230 publicacións. Este novo recoñecemento súmase ao currículo desta investigadora que recibiu en 2009 a Medalla Castelao.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Lugo, Castelao, Medalla Castelao...