Unha historia de piratas, Bandeiras negras, valeulle a Ana MarÃa Gallego levar o premio Meiga Moira de Literatura Infantil deste ano. A autora, que se impuxo co seu traballo entre as 27 obras presentadas, recupera personaxes de A illa do tesouro, como Long John Silver e está narrada desde a perspectiva dunha escrava. Gallego recibirá 2.500 euros en metálico e verá a súa obra editada pola editorial BaÃa.