Chévere inicia co Jazz unha programación de monográficos

Teo acolle o vindeiro 30 de setembro unha xornada dedicada a este estilo musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O grupo de teatro Chévere, compañía residente no Concello de Teo, acaba de iniciar unha programación de monográficos que se centrarán sucesivamente en diferentes disciplinas artísticas. O primeiro deles, dedicado ao Jazz, terá lugar o vindeiro 30 de setembro, cunha xornada na que se poderá asistir a concertos, proxeccións, jams e faladoiros. Ademáis, celebraraseun xantar e haberá un mercadiño de discos e libros dedicados ao jazz. Xacobe Martínez Antelo Quinteto, Sumrrá, Ton Risco Quinteto e Factor-E-Reset comporán a parte musical da iniciativa.

O encontro compleméntase, ao longo da semana, con dous encontros ao vivo con músicos e unha jam session que se desenvolverá o mércores 26 no Café A Senra, de Pontevea.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Chévere, Teatro, Concello de Teo...

Claves

Conceptos
Lugares