Dous actores e un único baúl de preto de 60 quilos de peso levan consigo todo o necesario para montar a obra que máis tempo estivo nunca en activo sobre os escenarios galegos. Titiricircus, de Tanxarina Teatro, cumpre un cuarto de século en activo. Para o celebrar, un libro ilustrado e un documental recuperan a historia dun espectáculo que xa deixou a súa pegada milleiros de nenos e nenas do noso paÃs.
Dous antigos traballadores dun circo rememoran os seus vellos tempos no espectáculo e represéntannos coa axuda de tÃteres de fÃo. O encantador de serpes, o malabarista ou o forzudo cobran vida ante o espectador ao tempo que escoita as andanzas dos protagonistas. Cando, en 1987, os dous membros de Tanxarina Teatro estreaban Titiricircus, non pensaban que estaban a crear un espectáculo que os Ãa acompañar desde entón na súa carreira.
Desde a rúa
O proxecto naceu como un espectáculo de rúa, con dous actores e catro marionetas como todo elemento, pensado cun mÃnimo de elementos para se poder trasladar a calquera lugar, e aproveitando os recursos dos que dispuña a compañÃa. “As marionetas xa existÃan de antes. Son as primeiras que o meu compañeiro Eduardo RodrÃguez construÃu nun curso que fixo en Barcelona con Harry Tozer. Xa as empregabamos para facer números soltos de circo e apareceron en varios espectáculos da compañÃa. Con Titiricircus demos un paso máis e apostamos por un espectáculo con escenario, trama e música orixinal”, explica Miguel Borines, un dos protagonistas e creador, canda a RodrÃguez, Tatán da obra. “Foi un pouco aproveitar o que tiñamos, e como tamén querÃamos incorporar o elemento actoral aos espectáculos, demos nisto”. Vinte e cinco anos despois, e con máis de mil representacións ás costas, Borines apunta que “non é o texto que máis veces se levou aos escenarios, iso corresponderá a algún dos clásicos, pero si que é o espectáculo máis representado co mesmo elenco da historia do teatro galego”.
Os segredos
Neste tempo, os responsables da obra tiveron tempo para reflexionar sobre o éxito do proxecto. “Preguntámonolo moitas veces. Pensamos que ten que ver con que o espectáculo e moi visual e colorista, e todo o xogo de participación que se establece co público. Logo tamén ten grandes doses de improvisación e adáptase a cada tipo de público. Temos actuado para nenos pero tamén en pubs para público adulto, e segundo vexamos a xente, adaptamos o espectáculo. Ten un aquel de dous tipos que pasaban por alà e montaron un espectáculo, resulta en algo moi fresco”, lembra Borines. “Iso permite que, máis de mil representacións despois, haxa veces en que calquera de nós non poida evitar soltar unha gargallada ante o que di ou fai o outro. E iso o público sÃnteo. Algunhas improvisacións vanse incorporando ao espectáculo porque son moi potentes. Do mesmo xeito, iso provoca que outros gags vaian caendo”.
Públicos
A longa duración do espectáculo en cartel fixo que moitos dos seus espectadores o visen en varias ocasións e que recuncase en diferentes localidades, sen que por iso deixe de estar solicitada. “Hai sitios de onde nos chaman preguntando especificamente por esta obra porque queren repetir”. Como curiosidade, Borines sinala que “é simpático que o noso técnico viuno cando era neno, e hoxe é un membro máis da compañÃa”. Malia a que a compañÃa non apunta cansazo do espectáculo, Borines recoñece que “fixemos outro espectáculo cómico con marionetas para tentar substituÃr Titiricircus, pero non hai xeito, ségueno a contratar e é dos máis vivos que temos”.
Internacionalización
En relación co proceso de renovación da obra, desde Tanxarina teñen claro que “houbo un antes e un despois para a obra e para nós que foi a nosa primeira viaxe por Latinoamérica. Alà hai unha resposta moi fresca do público, e iso deu unha retroalimentación importante para o espectáculo. Nós pensamos que é fundamental para calquera obra teatral o confrontala con públicos diferentes”. De públicos diversos está ben servido o Titiricircus, xa que para alén das actuacións galegas, o proxecto visitou boa parte de Europa e América. “É a nosa carta de visita, sobre todo no exterior”, apunta Borines.
Aniversario
Como celebración para os 25 anos, o espectáculo tornouse multimedia. O pasado sábado Redondela acollÃa a presentación dun libro homónimo que recolle a esencia do espectáculo, editado por Kalandraka e con ilustracións de Pablo Pastor, antigo técnico de Tanxarina. De xeito paralelo, e da man de Cuchi Carreira, naceu o documental Titiricircus 25 anos, que repasa o nacemento e evolución do espectáculo. Con ocasión do aniversario, a compañÃa ofertará de xeito especial a posibilidade de contratar o espectáculo, acompañalo dunha proxección do filme e fechar cun coloquio sobre o espectáculo. “Cando vaiamos a festivais, sobre todo fóra de Galicia, tamén levaremos o libro para o dar a coñecer”, sinala Borines. Canda a isto, a compañÃa prepara o seu novo espectáculo e continua coa xira de Trogloditas, a súa produción máis recente. “Hai que nos di que pode ser un segundo Titiricircus pola súa frescura e a resposta que está a acadar, aÃnda que é unha obra moi diferente, pero xa se verá”. Polo de agora, e se non hai novidades, as historias do circo e os tÃteres seguirán a nos acompañar aÃnda uns anos.