Hai xa tres anos, un grupo de pequenos editores, coa característica común de residir na capital galega, xuntábanse para compartir gastos e organizar algunha actividade. Resultado deste encontro, Editores de Compostela está amosar nos últimos meses unha destacada creatividade á hora de achegar o libro aos lectores, con propostas como o Outlet do libro ou o Exprés Literario.
A semente do colectivo, composto na actualidade por Edicións Positivas, Alvarellos, Sotelo Blanco e Urco, xurdiu no maxín de Francisco Macías, de Positivas. Eu fixen un chamamento hai xa catro ou cinco anos no seo da Asociación Galega de Editores para contactar cos outras firmas de Compostela, fundamentalmente con vistas a compartir gastos como os de hotel ou transporte para irmos a feiras, explica Macías. Ao final a xuntanza non se daba feito, e hai cousa de tres anos conseguín reunirme con Quique Alvarellos e Chelo de Sotelo Blanco e botámolo andar. Despois coñecín a Tomás de Urco, que se sumou ao proxecto. A convocatoria segue aberta se alguén máis se quere integrar, puntualiza. Henrique Alvarellos, pola súa banda apunta que aínda que os integrantes, por dicilo dalgún xeito, somo catro, sumamos colaboracións puntuais con outros selos da cidade, e estamos abertos a aproveitar sinerxias a nivel de comunicación ou de asistencia a feiras.
Funcionamento e crise
Sen estar dotado formalmente de estrutura algunha, Editores de Compostela funciona como un punto de encontro e un laboratorio de ideas arredor do libro. Traballamos tamén en conxunto cuestións como mercar papel, contratar unha mesma compañía de transporte ou mesmo imprenta. Co tempo foron saíndo ideas novas, apunta Macías. En certo xeito funciona como un foro de ideas, conclúe Alvarellos. Malia a que a idea ten xa anos, a crise económica tivo o seu papel á hora de que cristalizase un proxecto coma este. Estamos todos nunha fondísima crise. Trátase de responder a unha época de cambios e novidades, apunta Alvarellos. Cómpre abrir novas canles e probar novas iniciativas, e ver o que pasa. Estamos convencidos que sen estas ideas non se consegue nada, lembra.
Outlet
Unha das innovacións do colectivo foi o primeiro Outlet do Libro que celebraron firmas galegas. O centro comercial Área Central acolleu esta iniciativa, coa que as editoras daban saída a restos de almacén ou libros con taras a un prezo fixo de 1 libro por 3 euros, 2 por 5 e 3 por dez euros. A idea ocorréuselle a Chelo, a todos nos pareceu moi ben e apuntámonos inmediatamente. O éxito da iniciativa levou a que a Asociación Galega de Editores a adoptase e organizase o que bautizou como Primeiro Outlet do Libro Galego, en Allariz, apenas un mes despois. Ata nos chamaron para preguntar como fixeramos e adoptaron o mesmo sistema de prezos, lembra Tomás González. Está ben que o fixesen porque as ideas son de todos, pero poderían ter recoñecido que o primeiro foi o noso, sinala. Desde aquela, tanto os Editores de Compostela como a Asociación Galega de Editores realizaron novas edicións dunha fórmula que semella terá continuidade no noso país nos vindeiros meses.
Exprés e feiras
Outra grande proposta do colectivo foi o Exprés Literario, que tivo xa unha sesión en Compostela e outra en Muxía. É como unha especie de concentrado de literatura e de todo o que a rodea, explica González. Tentamos darlle volta ás presentacións tradicionais nas que fala o editor e o autor e poñemos a moitos autores e editores a falar co público pero participando todos de xeito colectivo nun evento lúdico e festivo. As lecturas e presentacións sucédense baixo a premisa de contaren cun tempo máximo de dez minutos e aderezadas, se é o caso, de música, petiscos e outras actividades. Canda a isto, o colectivo artellou a súa presenza conxunta en feiras do libro do noso país e tamén, de xeito pioneiro, acudiron cun posto á Feira do Libro do Porto. Aproveitamos para coller ideas e estamos a pensar algún xeito de as trasladar aquí, lembra González.
Axilidade
A axilidade na toma de decisións e na súa posta en marcha é un dos elementos que máis salientan os membros do colectivo encol das vantaxes desta fórmula. O noso funcionamento é diferente ao dos gremios tradicionais porque somos poucos e moi semellantes, catro persoas máis do que catro empresas, e a ese nivel si que traballamos moito máis rápido, explica González. É unha estrutura pequena e abonda con que un teña unha idea para que nos apuntemos os demais. A verdade é que non rompemos moito a cabeza, alguén propón algo, manda un mail, e en cinco minutos ten o si de todos. En estruturas maiores non funciona así, sinala Macías. Malia a que a proximidade física e o contacto persoal ten a súa importancia na axilidade coa que funciona Editores de Compostela, os seus compoñentes insisten no carácter netamente empresarial do colectivo. É unha aposta estritamente profesional, sinala Macías. Máis do que unha asociación profesional gremial, é máis ben un colectivo de pequenos emprendedores ou traballadores que nos xuntamos para conseguir obxectivos comúns, di González. O pequeno tamaño facilita a axilidade. Hoxe hai que tender a facer moitos pequenos, e se logo nos xuntamos en algo grande, pois estupendo, pero este tipo de estrutura pode ser unha boa saída para loitar desde o local ou desde un espazo xeográfico concreto, explica Henrique Alvarellos. Coma el, outros membros do colectivo apuntan as vantaxes desta proposta fronte ás estruturas tradicionais do gremio. Así, para González. A Asociación de Editores segue un modelo gremial que non funciona á perfección neste sistema literario e nos tempos que corren. Macías, pola súa banda, non dubida en apuntar que cómpre mudar o modelo gremial, a Asociación de Editores non serve tal e como está agora.
En xeral, os membros amosan a súa satisfacción co funcionamento do colectivo compostelán e preparan novas propostas. Estamos a ter moi boa acollida nas nosas iniciativas. Empregamos moito as redes sociais e exploramos novas canles de comercialización, sinala Alvarellos. De cara aos vindeiros meses anuncian novas edicións do Outlet do Libro novas sesións de Exprés Literario, así como outros proxectos aínda por concretar xa de cara ao Nadal. Imos tentar espallar o Outlet ben mediante librarías ou facéndoo nós directamente, apunta.