As accións de reestruturación da rede museística de Vigo no marco do seu Plan Estratéxico vanse coñecendo paso a paso. Se fai unhas semanas sabiamos da reorientación das salas do Verbum cara a acoller restos arqueolóxicos, agora, grazas a unha reportaxe de Atlántico Diario que inclúe un vídeo e unha galeria de fotografías, sabemos das intencións do Concello respecto á visibilización da súa colección de arte. Máis de 500 obras, almacenadas agora na sede do MARCO pasarán as salas da Casa das Artes municipal para estar expostas no seu primeiro andar, o cal sacara á luz pezas que ata o de agora nunca foron expostas ou moi pouco coñecidas.
Esta grande colección que inclúe pintura e escultura, contén, segundo a información publicada por Mauro Borrazás no Atlántico Diario, pezas de Virxilio Vieitez, Lugrís, Laxeiro, Camilo Nogueira ou Arturo Souto entre outros, completando a exposición sobre arte galega da pinacoteca municipal. O material artístico agora depositado no MARCO e ao que só puideron acceder investigadores comprende un total de 587 obras, 493 pinturae e 43 esculturas, ademais doutros formatos entre os que hai un vitral único deseñado por Lugrís, rescatado do antigo Casino da cidade olívica. Moitas destas obras de arte responden ao traballo como administrador do Museo Quiñones de León de Ángel Ilarri Gimeno, que durante corenta anos entre 1937 e 1977 dirixiu a institución municipal e foi quen realizou moitas destas adquisicións para o patrimonio vigués.