A galería SCQ ameaza co feche ante a situación económica

Prepara unha exposición con fondos propios para tentar amañar as súas contas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A galería SCQ, unha das máis importantes a nivel galega, fechará as súas portas a comezos do vindeiro ano se non se produce "un milagre". Segundo apunta Adolfo Sobrino, director deste espazo artístico. O descenso de vendas que se arrastra nos últimos tres anos levou á galería a unha situación económica crítica. Polo de agora suspendeuse toda a programación expositiva prevista para o outono, que se substitúe por unha mostra de fondos propios con cuxa venta SCQ pretende sanear as súas contas. "Tentaremos facer unha reestruturación para evitar o feche", explica Sobrino, "os vindeiros meses serán definitivos para ver se existe un pequeno milagre financeiro" grazas á venda deste material. Advirte, en todo caso, que o proxecto non continuará se non é posible manter o nivel que tiña ata o de agora.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería

Claves

Conceptos