Pamen Pereira intepretará a vindeira colección de Hermés nunha das súas boutiques

É a primeira vez que a firma francesa de moda selecciona a unha creadora española

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Pamen Pereira

Pamen Pereira

O don do tempo é o lema sobre o que pivota a colección da coñecida casa de alta costura francesa Hermés para as súas coleccións do 2012. Anualmente, esta firma selecciona a un artista para que traslade a filosofía de cada colección a unha intervención nun dos escaparates da súas boutiques. Este ano escolleu á galega Pamen Pereira (Ferrol, 1963), que se converte na primeira española. A ferrolá elexiu a tenda do Paseo de Gracia (Barcelona) para ofrecer unha intervención efémera que se poderá ver do 12 ao 19 de setembro e no que trasladará o seu discurso plástico. A proposta ten outra particularidade, que non se limitará ao escaparate, interactuando en todo o espazo da boutique.

Será unha proposta efémera e exclusiva que se insire no marco do proxecto carte blanche que a maison desenvolve cada ano para promover un vencello con artistas contemporáneos e talentos novos. Nunha nota de prensa remitida pola casa, destácase que “a instalación que firma a artista galega reflexiona sobre a fugacidade da naturaleza fenoménica e a relación entre instante e eternidade”.

Non é a primeira vez que un artista galego se integra na dinámica dunha casa de moda. Hai dous anos, o artista galego Carlos Maciá (Lugo, 1977) fixo o deseño dunha serie de panos da coñecida casa española Loewe, para a que reinterpretou un modelo clásico da firma aplicándolle a grama cromática característica deste lucense.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte para vestir

Arte para vestir

Carlos Maciá imprime as súas gamas cromáticas as prendas de Loewe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pamen Pereira, Ferrol, Moda, Filosofía...