O Lolapop asenta o seu proxecto musical en Redondela

Unha xornada prólogo achegará este xénero músical aos máis pequenos

O prato forte do festival Lolapop terá lugar o vindeiro 8 de setembro, pero a organización decidiu facer unha xornada previa pensada para os máis pícaros no primeiro día de setembro. Actuacións en directo, obradoiros (de debuxo e vídeo cuxo resultado se poderá ver nas redes sociais e no web do festival) servirán para que os pequenos se inicien neste xénero musical que xa seguen os seus pais. Unha semana máis tarde, o festival estrearase no porto redondelano con Bigott, Supersubmarina, Rusos Blancos, Niños Mutantes, Maryland, Munich e os djs Charli-e e Virginia Díaz.

As entradas, que xa están na venda soben o prezo con respecto a outros anos (12 euros en venda anticipada e 16 euros no despacho de billetes) que pretenden sufragar un encontro que ten un orzamento de 60.000 euros.
Ligazóns