Manic Street Preachers e The Hives encabezan o cartel de Music Way

A cita co rock inclúe tamén unha sesión especial para nenos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cartaz do Music Way

Cartaz do Music Way

Toma o relevo do Rock in Way e pretende ser unha cita relevante do rock en Galicia. Music Way ten os coñecidos Manic Street Preachers e The Hives como principais reclamos dun cartel que inclúe tamén a bandas como The Courteeners, Layabouts ou os galegos Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius. O programa, que xa ten o seu abono á venda, tamén se reserva algunha sorpresa internacional. Ademais, destaca unha sesión especial pensada para nenos. Brodas, Alondra Bentley, Mamá cabra e diferentes obradoiros (de dj, contrucción de instrumentos reciclados, customización de camisetas, taller de fotografía musical…) para que os máis pequenos se inicien neste xénero musical. A cita será o 28 e 29 de setembro, no recinto feiral de Amio en Santiago.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Fotografía, Xénero, Mamá Cabra...