O festival de rock de Vilanova de Arousa, Rockin'Vila, ven de presentar o primeiro avance do seu cartel para a súa cuarta cita co público cita que terá lugar os dÃas 12 e 13 de agosto. A falta de máis confirmacións polo de agora a banda de madrileña de punk The Locos encabezan o cartel no que o resto dos grupos confirmados proceden da escena punk-rock galega. Polo escenario do Rockin'Vila 2017 estarán Ruxe-Ruxe, The Skarnivasl, Noite Fechada e Rebeliom do Inframundo. Tamén estarán Medomedá no que é un dos concertos de despedida da banda, que ven de anunciar a súa separación. O vindeiro dÃa 31 de maio remata ademais o prazo para presentarse no 1º Concurso de bandas emerxentes que organiza o festival. O Rockin'Vila 2017 xa ten á venda o bono a prezo especial ata finais deste mes por 8 euros.
O xa veterano festival Felipop, ten xa o cartel completo e por dÃas para a súa XIXª edición. O evento de Limodre (Fene) que leva organizando a Asociación Cultural Felicia de xeito ininterrompido desde 1998 celebrarase os dÃas 21 e 22 de xullo, adiántase asà respecto á tradicional celebración en agosto, e conta con catro bandas por dÃa. O pop psicodélico domina no cartel pero tamén hai sitio para o soul e o rock e importante presenza de bandas galegas. O venres 21 actuarán no escenario da Hortiña BIFANNAH (Galicia); FOGBOUND (Galicia); SALTO (Madrid) e DAVID HOOPER & RESURRECTED SOUL (USA). O sábado 22 de xullo será a quenda de ESPIÑO (Galicia); LOS ESTANQUES (Cantabria); ZODIACS (PaÃs Vasco) e BUGUIBÚN (Madrid). A entrada única xa está á venda por 15 euros.