A punto de arrincar a temporada teatral, revisamos os proxectos subvencionados por Agadic para ver en que fase de elaboración están e as temáticas que tratan. Pouca comedia, algunhas adaptacións literarias e reinterpretacións, abondoso teatro infantil e proxectos que afondan na situación financeira e política actual, nun final de ano que promete estar marcada pola crise, o cambio de modelo de compañías e a incerteza da resposta do público.
Un dos primeiros espectáculos en chegar a carteleira este mes de setembro é o proxecto de nova creación Carboeiro Kamishi-Baj de Inacio Vilariño (7 de setembro no Museo do Pobo Galego) e a vindeira aposta de Sarabela Teatro Viaxe a ningunha parte (21 de setembro, Auditorio Municipal de Ourense). Ánxeles Cuña, directora da veterá compañía ourensá explica que é a adaptación dunha magnífica obra narrativa de Fernando Fernán Gómez, que foi primeiro levada ao cinema e que agora nós, como unha pequena homenaxe que lle facemos, a adaptamos para o teatro. A obra conta a xira dun grupo de cómicos, nos que o traballo se mestura co amor, cos problemas ecónomicos, nunha historia marcada pola miseria e a fama e que van enfiando moitos sentimentos e emocións. Sarabela repite aposta por un espectáculo de grande formato, con nove actores e tira da súa bagaxe de adaptar ás táboas textos non teatrais. O proxecto xa está en fase de ensaios, tendo tan próxima a súa data de estrea.
De grande a pequeño
A boa acollida de Citizen, o feito de ser compañía residente (agora en Teo, no Auditorio da Ramallosa) así como a súa dilatada traxectoria, animan a Chévere a probar con outro espectáculo de gran formato. Desta volta chámase Eurozone e pretende, en palabras de Xesús Ron, representar o thriller político dun atraco, a crise política e financeira da eurozona. O director afonda en que non partimos dun texto escrito, só dun argumento que iremos bosquexando e trazando a medida que comecen os ensaios. A dificultade de combinar as axendas dos actores implicados (Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Pepe Penabade e Iván Marcos) fai que a estrea do espectáculo sexa para o mes de xaneiro, con data aínda sen precisar. Con todo, Ron tamén asegura que o espectáculo seguirá fiel á experimentación das linguaxes que caracteriza a Chévere na súa traxectoria.
Cunha temática semellante, falar da crise, da globalización, da situación das persoas dentro deste contexto, pero cunha produción completamente diferente está Linda & Freddy. Ilusionistas, co que Teatro do Noroeste dá continuidade a unha liña xa iniciada en O último Cowboy. Para Eduardo Alonso, o seu director neste texto vaise un paso máis alá sobre a crise financeira e apoianse solución desde o punto de vista escénico: menos economía e máis cultura. A obra, que contará con dous actores, ten prevista a súa estrea no Salón Teatro (13 de decembro) e marca un cambio de rumbo da compañía. Eduardo Alonso asegura non seremos máis unha compañía que asuma grandes montaxes, cun amplo proceso de documentación, agora a produción estará en marcada dentro do que aquí se pode hacer, 1 ou 2 actores que se non se cobra, non cobren os donos da compañía.
Sen data de estrea, ainda pendente de que Agadic lles conceda unha demora para poder facelo en marzo (as subvencións establecen que os espectáculos que reciban apoio se teñen que estrear antes do 15 de xaneiro) está Azos de Esguello. É a aposta de Espello Cóncavo teatro por poñer en marcha unha produción que tería que ter asumido a Administración ao ser o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro no ano 1989. Deixando de lado toda a polémica, moi falada no seu momento, nós quixemos saldar esa débeda e presentar unha obra que, malia estar situada no contexto da acabada de instaurar autonomía, é totalmente vixente explica Arturo López, director da montaxe. A obra, en palabras de Arturo, conta a a historia dun individuo chamado Galisindo Lestedo que é unha especie de indiano que regresa da Arxentina con moitos cartos. É un personaxe corrupto que decide embarcarse na política e da conta da inmoralidade de certo tipo de individuos que empregan os resortes da democracia para os seus intereses espúrios. O proxecto está en fase de produción e contará con sete actores sobre as táboas (algúns dos nomes don Cesar Cambeiro, Fernando Morán ou Teresa Horro).
Un mundo para pícaros
Na relación de beneficiarios da Agadic hai preto dunha vintena de proxectos con temática ou técnicas infantís (monicreques, variñas, fíos, teatro de actores ) que se estrearán nos vindeiros meses. Algúns xa se estrearon como A verdadeira historia da cigarra e a formiga que Teatro del Andamio estreou o pasado 9 de febreiro.O seu director, Álvaro Guevara, explica que é a historia clásica da cigarra e da formiga pero reescrita para establecer a amizade, o traballo en grupo e o traballo en común, a solidariedade. O proxecto está agora de xira internacional e fai recalada en Rusia, logo de recibir dous premios no festival de teatro de Lituania (a mellor vestiario e mellor música orixinal). A compañía que tamén se encarga de facer a revisión doutro clásico é Kukas Producións Artísticas, que presenta O Kikirixote. Isabel Rey explica que é unha revisión do Quixote pero con animais, onde o Quixote é un galo, Sancho Panza un porquiño e así, encarnados en animais, permiten facer unha visión crítica e cómica do que está pasando actualmente. Esta montaxe ten prevista a súa estrea para novembro posiblemente na contorna de Vigo, pero aínda está sen concretar pola incerteza da elaboración do material escénico porque, como Isabel detalla, o proceso de construción de marionetas e de decorados son máis longas que o teatro de actor e leva moito tempo. Deste xeito, Kukas Producións Artísticas elabora outro espectáculo que se vencella coa liña de traballo que se encargada de facer revisións de obras clásicas, como antes fixeron coa Odisea.
En fase de elaboración e de construción da escenografía está A accidentada aventura dun aviador sen cordura de Elefante Elegante. Gonzalo Guerreiro explica que conta a historia dun moucho que, como todos os mouchos quere que sexa todo o diá de noite e nese empeño seu tenta tapar o sol. A compañía repite no seu modelo no que boa parte do texto descargase na escenografía e na parte técnica con novas tecnoloxías e que por tanto o proxecto está en fase de preprodución. O traballo poñerase en marcha en setembro, co inicio dos ensaios.
En setembro tamén comezarán os ensaios da primeira das dúas producións que asumirá o teatro público esta temporada, O profesional de Dusan Kovacevic . Un proxecto que a unidade de produción da Agadic coproducirá coa Companhia de Teatro de Braga e que se estreará no Salón Teatro de Compostela o vindeiro 5 de outubro. A estes espectáculos haberá que engadir aqueles que non recibiron subvención, como é o caso de Voadora e que preparan igualmente os seus novos proxectos nunha temporada que non contará, por primeira vez en dez anos, con Lagarta, Lagarta trala súa disolución.
*Información corrixida (Lagarta Lagarta fúndase en 2001 e, polo tanto non conta con 25 anos tal e como figuraba na reportaxe; o IGAEM fúndase en 1991 e non era a entidade convocante do premio Álvaro Cunqueiro no ano 1989).