Son xa varias as citas para descubrir o patrimonio marÃtimo que agochan as embarcacións tradicionais. Xunto coa bianual de Carril (a vindeira toca para o ano 2013), a de Moaña, está tamén a de Combarro, que cumpre neste 2012, dezasete edicións. O encontro comeza hoxe e coincide co corenta aniversario de declaración de Combarro como conxunto de interese histórico artÃstico, co que o feito patrimonial goza de especial protagonismo. Encontros, regata e entrega de premios conforman o esquelete deste evento que supón toda unha homenaxe á cultura mariña.