O 79% dos visitantes de Gallaecia Petrea entraron de balde

Non se paga os mércores nin os xubilados, desempregados e menores de idade

23/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
15 lecturas | Compartido 0 veces

Virxe do Leite. Fonte:www.gallaeciapetrea.org

Desde a súa inauguración (14 de xuño)ata mediados de agosto preto de 22.537 persoas visitaron a mostra Gallaecia Petrea, unha mostra que reinterpreta a historia galega a través de monumentos e manifestacións feitas con este material autóctono. A maior parte deses asistentes fixérono de balde, ben por ser menor de idade, xubilado ou desempregado, ben por entrar os mércores, día de entrada de balde. Con todo, o executivo está a estudar a posibilidade de ampliar a exposición ata marzo. Son as principais cifras que fixo público Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, no marco dunha rolda de prensa na que apuntou outros números. En total, 190.000 persoas se achegaron ao edificio tanto para participaron das súas actividades (149). Está lonxe do medio millón de visitantes que o goberno estimou a principios de ano. Con todo, Lorenzo incide en que o proxecto deseñado para o Gaiás ofrecerá resultados a curto e medio prazo.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gallaecia, Anxo Lorenzo, Gaiás, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...