Unha mostra repasará a historia lucense través da figura de Ben-Cho-Sey

Este 2012 é o ano Ben Cho-Sey

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Chamábase Xosé Ramón Fernández Oxea (Ourense, 1896- Madrid, 1988) pero púxose o alcume de Ben-Cho-Sey para asinar as crónicas de guerra que enviaba desde Marrocos ao diario ourensá La Zarpa a principios dos anos vinte do século pasado. Foi etnógrafo, escritor, historiador pero sobre todo pedagogo. Neste 2012, a Deputación de Lugo declarou o “Ano Ben-Cho-Sey” e vai avanzando, aos poucos, actividades sobre a súa figura. A última en anunciarse será unha exposición que o museo da Deputación abrirá o vindeiro 18 de novembro para dar conta do seu labor entre 1918 e 1968. Deste xeito, permitiraselles repasar a vida cultural galega e o maxisterio cultural desenvolvido na provincia neses anos con nomes como o de Peña Novo, Vilar Ponte ou Castelao. Antes desa mostra, no mes de setembro, a vicepresidencia da deputación presentará Diario de Lugo, un documento que reflexa a magnitude da represión en Galiza entre o 18 de xullo e o 29 de agosto de 1936.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Escribir no medio da traxedia

Escribir no medio da traxedia

Publican o diario inédito escrito por Ben-Cho-Shey en Lugo durante os primeiros meses da Guerra civil

O inédito Ben-Cho-Shey

O inédito Ben-Cho-Shey

Unha exposición en Lugo reivindica o traballo deste histórico xornalista e polígrafo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Xosé Ramón Fernández, Guerra, Deputación de Lugo...