A primeira sensación que produce a lectura do Diario de Lugo 1936 é que nós sabemos o final da historia que o autor, ao principio, nin pode imaxinar. "O primeiro movemento da xente foi de pasmo e prevención. Onde iremos parar?, pregúntanse todos ao mesmo tempo que se acolle a noticia como inevitable", escribe Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, ao inicio do diario, posiblemente no propio 18 de xullo. A partir de aí, vanse sucedendo as noticias que falan da desinformación, o caos, as detencións, os asasinatos, as delacións e o derrube do mundo intelectual, político e sindical republicano, nunha vibrante e pequena presa de páxinas. O departamento de Cultura da Deputación de Lugo recuperou o manuscrito orixinal, depositado na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense, nunha edición cun texto de contextualización, a transcrición anotada do documento orixinal e unha edición facsimilar do manuscrito. A edición do Diario de Lugo. 1936 correu a cargo de Xoán Ramiro Cuba, Xosé Brais García e Iria Varela.
Xosé Ramón Fernández-Oxea foi unha importante figura do galeguismo de preguerra, membro do Seminario de Estudos Galegos e da xeración Nós. Aínda que era ourensán, na altura do golpe de Estado de 1936 residía en Lugo, como inspector de Educación Primaria centrado no sur da provincia. O texto é unha ollada pouco frecuente aos sucesos que se desencadean a partir do golpe militar, cheo de referencias persoais, de impresións subxectivas e da capacidade de transmitir o ambiente de incerteza, medo e espanto ante a situación que se está a vivir coa toma do poder na cidade por parte dos militares e a actuación impune dos fascistas. O diario iníciase cunha especie de entrada recapitulatoria dos acontecementos previos de tensión entre esquerdas e dereitas, que os editores sitúan como redactada no 18 de xullo de 1936 e as anotacións vanse ir sucedendo de xeito regular ata o 21 de agosto. Logo o diario interrómpese, agás dúas anotacións máis serodias, que os editores sitúan como a finais do ano 1936 e outra do 29 de xaneiro de 1937. "Estas dúas anotacións suceden xusto antes e despois do seu proceso de depuración, resolto coa suspensión de emprego e soldo e o desterro a Estremadura".
"Este domingo advírtese nerviosidade da xente. Todos quixeran adiviñar o pensamento dos outros e saber o que vai pasar", escribe o 19 de xullo, resaltando como o Goberno Civil está cheo de xente e acode xente que "co pretexto de ofrecerse, van espiar e cheirar o que ocurre". Nos vindeiros días, o diario vai testemuñar os contactos entre sindicalistas, obreiros e partidos políticos que acoden á cidade para "poñerse ao lado do Goberno e evitar a sublevación". A chegada "dos de Monforte", posiblemente sindicalistas vinculados aos ferrocarrís, "produce pánio nos carcas que se apresuran a pechar os comercios". O Gobernador acuartela a todos estes activistas republicanos no Hospital. Pola tarde, o Goberno Civil será tomado polos golpistas e o Hospital será ametrallado "para pánico dos enfermos". Ás seis da tarde tomarán a Casa do Pobo, coa entrada duns gardas civís. "Véselles a satisfacción e os arrepiados espectadores respiramos satisfeitos de que tan perigosa ocupación se poidese levar a cabo sen verquer pinga de sangue".
Ben-Cho-Shey describirá desde entón os movementos das tropas franquistas, a resistencia dalgúns grupos republicanos nas montañas e a enorme represión e medo que se estende pola cidade e provincia. "Polo serán, cando andamos a pasear polos cantóns, prodúcese un tiroteo que enche de medo aos defensores da paz cidadán (...) os soldados e máis os feixistas obrigan os transeúntes a ir bailando a muiñeira do medo". O escritor dá conta da avidez pola información que chega por diferentes canles sobre o curso do golpe de estado, os bulos que se suceden e o alivio por comprobar que Madrid aínda non caera.
O diario revela tamén a avidez pola información e o informado que parece estar Ben-Cho-Shey do fusilamento e represión de coñecidos, pero tamén das noticias orais. "Cóntanos dos horrores que están a facer os rebeldes no Ferrol onde seica levan fusilado máis de trescentos", sinala o día 1 de agosto. Xunto a estas referencias, Fernández-Oxea consigna a morte de moitos coñecidos e mestres, entre os que destaca a morte de Alexandre Bóveda, da que escribe o día 18 de agosto. "A morte de Bóveda é obra dos envidiosos, dos mediocres, dos verdugos de Galicia", explica.
As últimas anotacións dan un salto temporal ata o final do ano. Unha delas é ben sintomática. "Deliberadamente deixei de tomar notas sobre a salvaxe revolución que asolaga o país; ó rematar o ano o balance non pode ser máis desastroso e o número de mortos pasa de varios milleiros e o pero é que non se asexa o fin desta tolice", explica Ben-Cho-Shey. O diario remata o 28 de xaneiro de 1937 cun texto moi escueto. "Fusilamento do mestre de Muras", en referencia ao fusilamento de Antonio Lafuente, militante do PSOE e mestre de Muras, xulgado por rebelión militar.