Descenso de vendas en Viñetas que mantén un asistente fiel e unha maior presenza feminina

As exposicións seguirán abertas ata o 16 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
A exposición de Dragon Ball foi un dos reclamos populares desta edición

A exposición de Dragon Ball foi un dos reclamos populares desta edición

Malia que a edición número 15 de Viñetas desde o Atlántico concluíu este sábado, o encontro deixa a súa estela. Dunha banda porque a cidade conta de xeito permanente con tres murais elaborados por Andrés Meixide, Pinto & Chinto e José Domingo; e da outra porque as exposicions aínda están abertas uns días (ata o día 16 de setembro). O director do certame, Miguelanxo Prado non oculta a súa satisfacción polos resultados xa que “as expectativas eran dubidosas en todos os aspectos e non sabiamos como podía ser a resposta do público, tanto a iniciativas que se retomaban, como con respecto ás propostas novas”. Ao final, malia que declina dar cifras de asistentes, asegura que a presenza foi moi elevada “sobre todo de cara a fin de semana que tivemos ata que cortar a entrada nalgúns momentos”. En cando ao comercial, recoñece un descenso de vendas, que sitúa no contexto xeral da crise.

Con respecto ao perfil de público, Prado destaca a maior presenza feminina así como unha maior fidelización do público que “foi madurando e medrando con Viñetas e que se nos inicios era un público marioritariamente xuvenil, agora xa completa todas as franxas de idade”. En canto a vendas, sen ter cifras oficiais asegura que “no comercial foi bastante irregular, cun inicio moi frouxo que foi mellorando a medida que se achegou a fin de semana” . De feito, apunta cara a cifra dun 15-20 por cento de descenso con respecto a edicións anteriores, aínda que medios como la Voz de Galicai cuantifica nun 25 por cento. Hai que lembrar, asegura Prado “dentro da crise do sector do libro, a BD está a resistir mellor, aínda que tamén ten un teito”. Para el, a consecuencia negativa é que os editores deixen de publicar autores novos, deixando de arriscar ao descoñecer como lles funcionará a nivel comercial e que mermará a variedade e calidade do panorama actual.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Chinto, Miguelanxo Prado, Pinto & Chinto...