Aberta a convocatoria para participar na segunda edición de Woodstock a nuestro gustok en Teo

O evento busca recrear o espírito do mítico concerto como lugar de unión

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A macro-jam session , ou “Xan sesión” como eles din, ao aire libre Woodstock a nuestro gustok volverá celebrarse un ano máis no Concello de Teo e xa está aberto o prazo dos músicos para inscribirse. O evento que colle o nome dese mítico concerto de 1969 consiste nun concerto “improvisado” pero organizado, no que cada músico ofrécese para interpretar algunhas das cancións elixidas pola organización co seu instrumento ou na voz e é a propia organización a que vai xuntándoos en formacións diversas. Trinta e catro temas saídos directamente das listas anglosaxoas do rock e rhythm & blues dos anos sesenta e setenta serán o repertorio para este encontro que o pasado ano celebrouse na parroquia de Francos en Teo, onde previsiblemente volverán este vindeiro 22 de setembro.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Rock, Concello de Teo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares