Lou Reed substituirá a David Bowie no concerto que ofrece o Xacobeo en Compostela o día dezaseis

¿Bowie? Non, Lou

6/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Finalmente será o mítico Lou Reed o artista que substitúa ao tamén mítico David Bowie no concerto programado polo Xacobeo para o vindeiro día dezaseis no Compostelán Monte do Gozo. A suspensión por parte de Bowie da súa xira europea motivara esta última semana abondosos movementos dos promotores do concerto para encontrarlle substituto. Finalmente o antigo líder da Velvet Underground foi o elixido e ofrecerá deste xeito o seu primeiro concerto en Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lou, Xacobeo, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia...