29 años, 9 meses y 1 día de Los Suaves xa está nas tendas

Un duplo CD e un DVD recollen o concerto en Ourense deste setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O pasado 18 de setembro Los Suaves subíronse ao escenario na súa cidade natal, Ourense, e deron un excepcional concerto ante milleiros do seus incondicionais celebrando a súa longa traxectoria. A gravación dese directo sae agora ás tendas en forma de duplo CD + DVD baixo o título de 29 años, 9 meses y 1 día (Santo Grial Producciones). Os CD inclúen 27 cancións do concerto máis un tema extra, a canción inédita gravada para a ocasión e titulada como o disco: 29 años, 9 meses y 1 día. O DVD contén as mesmas cancións que os CDs máis Siempre igual, o documental, fototeca e a versión multiángulo de Frío como una llave. A banda de rock ourensá dará proximamente dous concertos de presentación, en Xixón e Vigo os días 11 e 18 de decembro respectivamente.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Ourense, Documental, CDs...

Claves

Entidades