O concello de Ourense dará a súa medalla de ouro a Los Suaves

Pretende premiar a relación que a banda mantén coa cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A relación entre a banda de rock Los Suaves e a cidade de Ourense escribe un novo capítulo. Los Suaves anunciaron que gravarán o concerto do seu novo traballo, 29 anos, 9 meses e 1 día, que dará en Expourense, Finca Sevilla, o 18 de setembro. E o concello corresponderá concedéndolles a medalla de Ouro. É a máxima distinción que outorga o Concello e que, segundo a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, “será o recoñecemento explícito de tódolos ourensáns e o pago dunha débeda que a cidade ten con eles». A banda naceu nesta cidade a principios dos anos oitenta da man dos irmáns Domínguez (Yosi, Charly e Javier).

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Concello de Ourense, Rock, Sevilla

Claves

Conceptos
Lugares