Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo

O garufa acolle a gravación do disco

13/8/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O trío coruñés gravará en directo o que será o seu primeiro disco no pub Garufa, do que ademais do son tamén collerán o nome para o disco. En “Garufa ye-ye” Fernando Esclusa, José M. Martínez e Tito Ritman plasmarán o seu directo no que repasan a música pop dos anos sesenta e setenta tanto española como anglosaxona ou americana. O concerto, que terá lugar ás 23 horas deste xoves 14 de agosto, durará unha hora e media e a entrada é libre, aínda que aforo é limitado. Os tres músicos levan desde o pasado ano dando concertos como Los Mecánicos e proceden de outras bandas da cidade como Guru Deva, Deluxe, The Majestics e a Tribeca Band. Previsiblemente o disco sairá editado por Wonderland Discos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Deluxe, Medios de comunicación

Claves

Entidades