Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios

Sumrrá 4.0 gravouse en vivo en tres días na Sala Nasa de Santiago

3/2/2010 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Como xa fixeran no seu disco “2” Sumrrá presentou un disco gravado en directo con tres días de concertos na Sala Nasa, un dos seus hábitats naturais. O trío formado por Xacobe martínez Antelo, Lar Egido e Manuel Gutiérrez presentou “Sumrrá 4.0” (Freecode Jazz Records)oficialmente o pasado 23 de xaneiro abrindo do ciclo Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia en Santiago, onde tocaron pezas tamén dos seus anteriores traballos. Sinxelo no seu deseño gráfico -feito por Andrea López- as seis pezas do disco noméanse tamén segundo o título, indo da 4.1 á 4.6. O seu vindeiro concerto de presentación de “4.0” será no club coruñés Garufa o vindeiro día 12 de febreiro.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sumrrá, NASA, Sala Nasa, Manuel Gutiérrez...

Claves

Protagonistas
Conceptos