En plena crise, comerciantes do casco histórico de Santiago de Compostela, volven apostar por dinamizar a vida cultural cun festival cultural con concertos, espectáculos e moitas novidades. Tras nove anos e unha afluencia duns 30.000 espectadores, a edición deste ano recupera vellas propostas como as Matinés, a sesión vermú con aperitivo e espectáculo a primeira hora da tarde, xunto con propostas novas. Entre elas destaca o concurso de fotografÃas e a integración á progrmaación do festival dos Picaversos, un ciclo no que amantes da literatura comparten textos propios e doutros autores, aÃnda que nesta ocasión búscase unha temática surrealista aproveitando o centenario do nacemento de Eugenio Granell. A cita comeza o vindeiro luns 6 e estenderase ao longo de 19 dÃas por diversos escenarios da localidade baixo o lema "Fe na festa"
Dosier do Festival Feito a Man.