Cancélase a Mostra de Ciencia e Cinema

A Coruña tampouco terá o festival Manicómicos este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Este ano non haberá Mostra de Ciencia e Cinema. Este evento dedicado á novena arte científica non chegará a súa quinta edición por mor de "problemas orzamentarios" segundo adianta a Asociación de Amigos da Casa da Ciencias no web do evento. A edición estaba programada para o vindeiro mes de novembro, e segundo recolle El Ideal Gallego a tardanza do Concello en verificar o seu apoio ao programa fai que non teñan tempo para preparar a nova xeira.

Ao tempo, a pasada fin de semana a organización do festival Manicómicos anunciaba que tampouco haberá edición en 2012, logo de doce anos de existencia, por mor da retirada de apoio económico do Concello. Segundo anunciaba El País a cámara municipal anunciou a celebración dun evento alternativo, Faranduleando, que achegará 72 funcións de teatro, circo e danza aos barrios da cidade.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Cine, A Coruña, Danza...

Claves

Entidades
Lugares