O concello de Santiago non achegará este ano os preto de 4.000 euros cos que viña colaborando na organización do Correlingua. O concelleiro de Educación, Ángel Currás xustificou na situación económica a retirada de apoio. Ademais, a carreira a prol da lingua tampouco contará con apoio municipal en canto a loxística e será tratada como unha manifestación. Do mesmo xeito, e segundo recolle hoxe El Ideal Gallego, A Coruña tampouco apoiará a proba a prol da nosa lingua.
Os dous concellos, ao igual que outros coma Vigo, Pontevedra ou Lugo, recibiran nas últimas semanas un escrito no que o colectivo Galicia Bilingüe solicitaba o cese de apoio ao evento, ao considerar que o manifesto seleccionado este ano non fomenta "valores de tolerancia e respeto" e ataca os falantes de castelán.
Precisamente o Concello de Lugo aprobaba onte a súa ordenanza sobre o uso do galego na administración municipal, segundo a cal, os cargos electos deberán expresarse na nosa lingua en actos públicos, e que o galego se empregará tamén en documentación, sinalización ou cartelería.