Fonso é de novo finalista do premio Raymond Leblanc

Xa se pode votar no web do concurso a peza asinada polo debuxante da Guarda

Por terceiro ano consecutivo este galardón a historietas curtas ten representación galega. Se en 2010 José Domingo tivo un traballo escolmado, o ano pasado o guardés Alfonso Vicente Rey entrou tamén no cadro dos quince finalistas. Agora, este último repite selección co relato Dîner pour Trois (cea para tres) a partir da premisa proposta polos convocantes do certame: Daquela, non lonxe de alí.... Os tres primeiros laureados partillarán a suma de dez mil euros e os seus primeiros terán a oportunidade de seren publicados no álbum colectivo do concurso coeditado pola editorial Le Lombard e pola Fundación Raymond Leblanc, a cal leva o nome dun prestixioso editor da BD europea.